Wednesday 08 de May de 2024

A Coruña acolle desde hoxe a fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán, coa presenza do OAR


Os catro equipos participantes na competición foron recibidos en María Pita

O primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, recibiu esta mañá en María Pita os equipos participantes na fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán, cuxo Grupo II ten como sede a cidade da Coruña e o pavillón municipal do Barrio das Flores.

O Concello, a través do Consorcio de Turismo, colaborou co club OAR para poder realizar estes encontros na cidade entre o 25 e o 27 de maio. O Concello amosa deste xeito o seu apoio ao deporte coruñés e a súa interlocución continua cos clubs. Juan Ignacio Borrego desexoulles sorte aos catro equipos participantes e tivo unhas palabras de lembranza cara a Pablo Aguirregabiria, adestrador do OAR Coruña que faleceu recentemente.

O grupo II desta fase disputarase no polideportivo municipal do Barrio das Flores, que porcapacidade é o recinto municipal máis axeitado para acoller esta competición. Disputaranse seis partidos, enfrontaranse todos os equipos entre eles e ascenderá o que mellores resultados obteña.
Partidos e horarios
Xoves
Cajasur Córdoba – KH-7 BM Granollers (18.00 horas)
Attica 21 Hotels OAR Coruña – Balonmano Soria (20.30 horas)
Venres
KH-7 BM Granollers – Balonmano Soria (18.00 horas)

Attica 21 Hotels OAR Coruña – Cajasur Córdoba (20.30 horas)
Sábado
Balonmano Soria – Cajasur Córdoba (10.30 horas)
Attica 21 Hotels OAR Coruña – KH-7 BM Granollers (13.00 horas)